Espantada do PP no Pleno dos orzamentos

Espantada do PP no Pleno dos orzamentos

09 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O goberno local aproba comodamente os orzamentos municipais, con tan só os votos en contra dos dous concelleiros do Partido Galeguista, logo de que os populares se levantaran nada máis iniciarse a sesión e abandonaran a sala. A voceira do PP, Francisca Canal, iniciou o debate criticando que a sesión se convocase ás nove e media da mañá “cando había concelleiros que polas súas obrigas profesionais non podían asistir á sesi&oac

A actitude do PP foi criticada polos grupos de goberno. Dende as filas dos nacionalistas o voceiro Carlos Pazos cualificaba de “escandaloso” que o maior grupo da oposición “escapase do pleno na sesión máis importante do ano, na que se ían debater os orzamentos&rdquo. En termos semellantes se expresaba Emilio González Iglesias quen afirmaba que “os populares son incapaces políticos que carecen de argumentos” e os acusaba de ausentarse por non saber qué dicir. O debate discorreu a partir dese momento por canles pacíficas. O delegado de economía explicou que se trata duns orzamentos anticrise. En total serán 21.633.0000 euros cos que contará este ano o concello de Redondela nunhas contas municipais nas que se fai “un importante esforzo inversor como resposta ao contexto de crise económica&rdquo. Para iso o concello solicitará un crédito de 3 millóns de euros, o máis importante da historia local. O BNG engadía que “dada a situación actual é o momento de investir para así activar a economía na medida en que o pode facer un concello”. As principias partidas orzamentarias destinaranse ás obras de saneamento e humanización así como á area deportiva, que neste ano completa como actuais principais o inicio do SPA de Chapela as obras de mellora do pavillón desta parroquia e o inicio do proxecto e concurso do novo pavillón de Redondela. Dende o Partido Galeguista, as reticencias postas sobre a mesa polo edil Benigno García Luengo centráronse na tardanza en presentar as contas municipais, en que as mesmas se elaborasen sen negociacións entre as forzas políticas con representación na corporación así como no elevado endebedamento que se contempla no orzamento. Uns orzamentos que foron aprobados cos votos a favor de PSOE e BNG e a oposición do PG. Ampliación AP-9 O único momento de tensión vivido no pleno de hoxe foi curiosamente cando xa se dera por rematada a sesión. Un dos veciños asistentes na sala e que portaba unha pancarta contra a ampliación da AP-9 ao seu paso por Chapela, solicitaba aos partidos políticos unha reunión para debater os proxectos de ampliación para esta vía. Rei afirmaba estar disposto a asistir a esa xuntanza sempre e cando non estivera o presidente da comisión de afectados e ex concelleiro socialista, Francisco Puch. Os ánimos acendíanse e se escoitaban insultos de “traidor” e “fascista” que finalmente quedaron nun enfrontamento estrictamente verbal.

Deportes