Espazo Ecosocialista chama á confluencia da esquerda galeguista

Espazo Ecosocialista chama á confluencia da esquerda galeguista

28 de Novembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por

Desbotar o inmobilismo e aproveitar a vaga que medra trala irrupción de forzas alternativas. Son algunhas das mensaxes que se emiten trala resaca electoral do 21O dende o escenario político progresista. O Espazo Ecosocialista, inserido na Alternativa Galega de Esquerda, celebra mañá xoves e o día 13 de decembro na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago, as xornadas “Renovando a esquerda”, unha confluencia de actores das forzas de esq

As forzas de progreso en Galicia viñan constituíndo unha “esquerda atomizada”, o que segundo Hermida “dificulta a renovación da esquerda”. O adianto electoral obrigou a atrasar unhas xornadas concibidas orixinalmente para o mes de setembro e nas que participarán representantes de PSdeG, AGE, BNG e CxG. A diversidade requírese, di o ecosocialista, porque se abren “novas perspectivas e xa non só se asenta a unidade no nacionalismo, senón tamén na unidade da esquerda, e iso é bo”. Arestora, o problema para lograr a confluencia de intereses fronte ás políticas neoliberais non é tanto “metodolóxico, de estrutura”, senón “epistemiolóxico”. Cómpre, resolve Hermida, “repensar as formas, o comportamento, ir á medula, xa que reconstruír sen renovar podería levarnos a unha nova frustración”.

O acceso ás xornadas “Renovar a esquerda” é libre, aínda que tamén é posible reservar asento no enderezo electrónico espazo@espazoecosocialista.org . A programación prevista é a seguinte:

Sesión I: Xoves, 29 de decembro

16,30 a 18,30. Mesa 1. Ideas para unha esquerda do século XXI
Modera: María Xesús Bóo Feijóó (co-portavoz de Espazo Ecosocialista e membro de
Ames Novo )
Xan Duro Fernández (membro de Espazo Ecosocialista)
Xaquín Fernández Leiceaga (ex-parlamentario e membro do PSdG)
Xoán López Facal (economista e histórico dirixente da esquerda galega)
Manuel Martínez Barreiro (editorialista. articulista de El Pais)

18,45 a 21,00. Mesa 2. Radicalidade democrática e desafección política
Modera: Marcos Pérez Pena (director de Praza Pública)
Manuel Dios Diz (co-portavoz de Espazo Ecosocialista)
Xosé Manoel Pereiro ( presidente do Colexio de Xornalistas de Galicia )
Xesús Veiga Buján ( economista.e ex-parlamentario. Membro de Abrente e do BNG)
Encarna Otero Cepeda (ex-directora xeral de fomento da Xunta de Galicia)

Sesión II: Xoves 13 de decembro

16,30 a 18,30. Mesa 3. Converxencias na Cooperación en marcos plurais
Modera: Xaime Subiela (politólogo. Promotor da IBC)
Xose Manuel Pazos ( ex-parlamentario e concelleiro de ACE en Cangas)
Rafael Pillado (histórico líder político da esquerda e membro do Colectivo Fuco-Buxan)
Anton Sanchez García (concelleiro de Anova en Bergondo e parlamentario de AGE)
Cesar Santiso (concelleiro de A Coruña de EU-Os Verdes)

18,45 a 21,0 0 Mesa 4. A esquerda renovadora diante dos novos retos
Modera: Tino Santiago (redactor da TVG)
Yolanda Díaz Pérez (coordinadora xeral de EU)
Xulia Guntín Arauxo (economista e membro da executiva de CxG)
Xoán Hermida González (coordinador de Espazo Ecosocialista)
Martiño Noriega Sánchez (alcalde de Teo, portavoz de EI e membro de Anova)

Institucional