Espazo para o optimismo

Espazo para o optimismo
12 de Marzo, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Luca Chao considera que si hai espazo para o optimismo en materia de igualdade. Na semana do Día Internacional da Muller, falamos coa autora do libro Feminismo en cen palabras, editado por Galaxia.

ESCOITA O PODCAST:

“Creo que si que hai espazo para o optimismo. Do mesmo xeito que houbo un día que reflexionei que miña nai me ensinara a que tiña os mesmos dereitos que os homes e que iso era unha forma de ser feminista aínda que non souberamos, aí fóra a rúa está chea de mulleres que son así, que non se identifican con esta etiqueta, mesmo polo certo desprestixio que se ten producido contra esta palabra, pero si que son firmes, defensoras e militan tódolos días na causa de ocupar eses espazos que desexan ocupar e de facer ao seus fillos e fillas o máis igualitarios e inclusivos posible”, afirma Luca Chao no clube de lectura de Radiofusión.



Fotografía: Xan Xe.

Cultura

Publica o teu comentario agora