ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Os centros educativos non son espazos amables para a diversidade sexual e nós queremos dotar ao profesorado de ferramentas para abordar esas situacións”. Esa foi unha das conclusións do laboratorio de apoderamento LGBT + que a sociedade cooperativa galega Rexenerando impulsou en diversos institutos. “No próximo curso continuarán as actividades tamén no IES de Fene” segundo indicou o sociólogo de Rexenerando Martín V.Añel.

O Concello de Fene colabora con esta iniciativa. Martín explica que é necesaria unha formación do profesorado e das familias para o cambio de actitudes cara á diversidade sexual. Precísase tamén reforzar as políticas contra o acoso escolar e contra a violencia LGBT+-fóbica, porque promover unha sociedade máis inclusiva require recoñecer e transformar dinámicas para garantir o benestar e a dignidade do conxunto das adolescencias.
Imaxe das escritoras Sara Plaza, Marisol Gándara, Regina Touceda e Gisele Mato en Fene. O Concello de Fene quere adicarlle a estas literatas bancos públicos nunha acción pola igualdade de xénero.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora