Esperando oportunidades

Esperando oportunidades
02 de Marzo, 2023 - 02:21 h. | Publicada por Radio Fene

“O mellor para rematar a temporada”. Así define o Outlet de Fene Begoña Reyes, da tenda Jomer situada no número 1 da praza da Igrexa. Un lugar moi visible no que está emprazado este establecemento. É un dos máis veteranos de Fene, “faremos para abril 44 anos, miña nai empezou de cero”. Na feira de ocasións que comeza este venres, organizada polo Concello en colaboración coa Asociación O Cruceiro ofrecerán gangas en prendas de abrigo para mulleres e tamén para homes

 

ESCOITA O PODCAST:

“Hai xente que está esperando para coller oportunidades”, indica. En Jomer poñerán ofertas en prendas soltas desta ou de temporadas anteriores. “Distintos artigos, abrigos, algo de punto, algunha camiseta, vaqueiros, un popurrí de prensas de tallas soltas”. Haberá gangas, partindo de 5€ e ata un tope de 50€ nas prendas de maior valor. “O outlet para nós é un acontecemento moi bo, levamos moitos anos participando, podemos dicir que é o mellor para o remate da temporada”, sinala. “Vén moita xente de fóra, se o tempo acompaña, que creo que si, á xente gústalle vir”. Bo para os comerciantes e tamén para a clientela. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora