Esperanza Mariño na Feira do Libro e en Negreira

Esperanza Mariño na Feira do Libro e en Negreira

02 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O libro Diccionario Uxio Novoneyra de Esperanza Mariño protagoniza a xornada deste domingo na Feira do Libro de Santiago de Compostela. O volume presentaráse ás oito da tarde no recinto feiral e a súa autora acudirán tamén o vindeiro martes a un acto no Instituto de Negreira.

A segunda xornada da XXIX Feira do Libro, que permanecerá aberta ata o día 9 de maio na Alameda de Santiago de Compostela, inclúe diversas actividades, entre as que destacan a sesión de monólogos humorísticos a cargo de Danni Boy Rivera ou a firma de exemplares a cargo de varios escritores de renome.

PROGRAMA DO DÍA
- 19.00 h. Actuación de Danni Boy Rivera, cos seus monólogos humorísticos.
- 20.00 h. Presentación do libro “Diccionario” Uxío Novoneyra, de Esperanza Mariño Davila, publicado por 3C3 editores. Xunto coa autora, participarán no acto Antonio Puentes Chao e Xoán Xosé Fernández Abella.
- 21.15 h. Sorteo dun lote de libros

A feira continuará a súa andaina os próximos días con varias actividades, como os espectáculos de contacontos de Pavís Pavós ou Marisa Irimía, espectáculos de maxia a cargo do Mago Vituco, así como diversos obradoiros creativos. Ademais, durante a feira os escritores Gonzalo Xosé Francisco da Rocha, Carlos Callón, Manuel Portas, Antía Otero, Teresa Moure ou Rosa Aneiros, entre outros, asinarán exemplares das súas obras literarias.

Tamén en Negreira

 

3C3 Editores, coa colaboración dos Departamentos de Galego e de Normalización Lingüística do IES Xulián Magariños de Negreira, organiza a presentación do libro Dicionario Uxío Novoneyra, de Esperanza Mariño Davila. No acto intervirán María Rey Rey (xefa do departamento de Lingua Galega), Adelino Pose Reino (director do IES Xulián Magariños), X. Amancio Liñares Giraut (director editorial de 3C3) e a propia autora.

Será no Salón de Actos do IES Xulián Magariños de Negreira o martes 4 de maio ás 16:20.

Sociedade