Espiritismo en Ferrolterra

Espiritismo en Ferrolterra
05 de Febreiro, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Quen eran os espiritistas? Cando se soubo deles en Ferrolterra? O espiritismo, unha corrente doutrinal cristiana pero non católica que xurdiu en Francia a mediados do século XIX, tivo implantación na comarca de Ferrolterra. O investigador Carlos Pereira vén de publicar na revista Nalgures, que publica a Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia, un artigo sobre “O espiritismo na cidade de Ferrol no século XIX:  O centro La Reencarnación”. 

ESCOITA O PODCAST:

Unha muller, Isabel Peña Quintana, tivo peso importante neste movemento. Tamén outras figuras como o fenés Angel Mouriz Balado.Laicismo, liberdade de pensamento, ensino para os dous sexos eran algunhas das cousas que defendían. Pensaban que cando unha persoa morría quedaba na terra o corpo que era o envoltorio e o espírito pasaría a outra dimensión e habería posibilidade de comunicar con eles desde a terra. De como querían ser soterrados temos noticia por casos como o de Secundina, a muller de Ramón Bujones. 

Cultura

Publica o teu comentario agora