Espirito de resistencia

Espirito de resistencia
30 de Marzo, 2026 - 10:58 h. | Publicada por Radio Fene

O Maniños rescatou o espírito salvaxe e de resistencia. Logrou unha importante vitoria ante o Burela nun duelo marcado polo control defensivo e a efectividade final. Tras unha primeira parte de ritmo baixo e pouca presión, o conxunto de Adrián Martínez mantivo a solidez malia o vento e as dimensións dun campo moi grande. Javi González abriu a lata de penalti no 82’ e Christian sentenciou no 87’. Baudia destacou o cambio de ánimo dun vestiario que, tras varios partidos rozando o premio, por fin atopou a recompensa ao traballo.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co preparador do Maniños Adrián Martínez:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/300326MARTINEZ.mp3

Fotografía Xan Xe

Na Preferente Futgal, Burela 0 - 2 Maniños en encontro xogado no campo da Marosa.
Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora