Esposende acollerá a XII Edición do “Março com Sabores do Mar”

Esposende acollerá a XII Edición do “Março com Sabores do Mar”

24 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Un cartaz turístico de grande importancia para o concello de Esposende. Así se presentou en Compostela o “Março com Sabores do Mar” que o municipio portugués  levará a cabo durante o vindeiro mes en colaboración con 26 restaurantes do concello. Trátase da XII Edición deste evento, que inclúe a realización do IX Concurso Gastronómico “Sabores do Mar”, no que participan 16 rest

Asociado a esta edición está tamén o Fin de Semana Gastronómico nos días 5 e 6 de Marzo, organizado coa Entidade Rexional Turismo e Norte de Portugal; e a VII Festa Gastronómica da Lamprea do Rio Cávado, entre os días 11 e 13. O programa complétase cun curso intensivo de iniciación á cociña, a presentación do novo portal de Turismo de Esposende, o Trofeo Nacional de Moto Ralis, e diferentes actividades de animación que inclúen visitas guiadas e a realización dun Festival Infantil de Folclore.

No acto de presentación, o concelleiro de Turismo de Esposende, Rui Pereira, indicou que o programa é una aposta pola calidade, a innovación e a excelencia do servizo e o arte da boa confección. Asemade, anunciou que a finais do mes de marzo inaugurarán un albergue de peregrinos en Esposende para revalorizar o Camiño Portugués e a ligazón con Galicia. Pola súa banda, Francisco Sampaio, xuíz da Confraría de Gastrónomos do Minho, destacou os prezos competitivos dos pratos e resaltou a necesidade de promover a conexión con Galicia, xa que, segundo el, é un mercado de proximidade vital para a restauración na época invernal.

Sociedade