Están de moda

Están de moda
09 de Abril, 2026 - 07:29 h. | Publicada por Radio Fene



Os xogos de rol enganchan e volven estar de moda. Contouno Juanma Sánchez, da tenda Cáprica, en Radio Fene onde presentou dúas versións útiles para persoas que queiran iniciarse neles. 

ESCOITA O PODCAST:

Dungeons & Dragons e Arkham Horror. Son dúas ideas para iniciarse nos xogos de rol. Dúas caixas de inicio que dan para moitas horas de xogo. Acabar as aventuras que propoñen pode levar varios días pero tamén se poden completar por etapas. O ideal é formar un equipo cun mínimo de dous xogadores, ademais do máster que dirixe o xogo, para que haxa debate sobre as distintas opcións que se poden tomar. Juanma tamén valorou moi positivamente a última edición do Artabrian Weekend celebrado en Ferrol.

Sociedade

Publica o teu comentario agora