ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O BNG xa está activado en Fene pensando nas eleccións municipais de 2027. A semana pasada foi nomeada Sandra Permui para encabezar a lista que presentarán os nacionalistas aos comicios de dentro dun ano, pero a maquinaria púxose xa hai tempo, no momento no que se planificou o relevo de Juventino Trigo na alcaldía. Así o manifestou en Radio Fene, no espazo As Foxas o voceiro municipal do Bloque e primeiro tenente de alcaldesa, Manuel Polo.

“Hai unha organización ben engraxada”, afirma Manuel Polo. “Tiñamos unha planificación e un compromiso para dar un relevo tranquilo que garantir a estabilidade no Concello, a aposta feita foi atinada e agora toca activar ese proceso e conseguir a mellor candidatura para responder ás demandas da sociedade”.
Vivenda e presupostos
Licitación do PXOM e merca de terreos son dous instrumentos cos que se pretende facilita a construción de vivenda en Fene. “O PXOM vai ser unha ferramenta importantísima para abrir chan que actualmente está parado”, apunta o primeiro tenente de alcaldesa. Nos Presupostos para este ano vai o compromiso da licitación do PXOM e tamén permitirá acometer un importante investimento en obras froito da contención do gasto que houbo que facer nos últimos exercicios. Entre fondos municipais e da Deputación, Polo calcula que serán “practicamente 2 millóns de euros en obra que se vai ver en todas as parroquias”.
Publica o teu comentario agora