Estabilidade política e institucional

Estabilidade política e institucional
02 de Novembro, 2023 - 02:31 h. | Publicada por Radio Fene

Pleno ordinario do Concello de Fene este xoves, 2 de novembro. A Corporación ten previsto aprobar a declaración institucional pactada polos grupos políticos con motivo do 25 de novembro.Tamén se votará a modificación da ordenanza fiscal das plusvalías para adecuala aos novos coeficientes establecidos polo Goberno e debaterase unha proposta do PP en apoio da Lei do Litoral da Xunta recorrida polo Goberno central no Tribunal Constitucional. Manuel Polo, concelleiro de Urbanismo e Obras, que interveu no espazo As Foxas considera incongruente a postura do PP respecto das autonomías.

ESCOITA O PODCAST:

“Por primeira vez en bastante tempo o Concello de Fene logra ter estabilidade política e institucional”, declarou Manuel Polo no seu balance dos cen primeiros días de Goberno municipal. “Unha oportunidade para continuar cos proxectos en marcha como o paso sobre vía tren en Perlío, a humanización da estrada nacional ao seu paso por Fene ou as xestións co SEPES que nos pague o que nos debe en cartos ben en terreos para o centro de saúde”.  

Institucional

Publica o teu comentario agora