A estación de autobuses sen presupostos

A estación de autobuses sen presupostos
23 de Outubro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

"A veciñanza soporta o colapso do transporte público e unha estación fantasma e a Xunta de Galicia non aborda en serio o proxecto de estación internodal" afirma o portavoz do BNG de Ferrol Iván Rivas. Rey Varela (PP) afirma que "hai un compromiso e un investimento record da Xunta en Ferrol para 2026". 

Estación de autobuses de Ferrol

O secretario xeral do PSdeG PSOE en Ferrol Angel Mato censura "as continuas promesas incumpridas da Xunta de Galicia, sempre promete e non fai nunca, como a cidade do deporte ou o solo industrial". Jorge Suarez de Ferrol en común denuncia o abandono de Recimil e das vivendas de San Pablo. Pola súa banda a Asociación Veciñal de San Xoan O Bertón demanda axilidade para a construción do Centro de Saúde, unha infraestructura esencial para o barrio que atendería a 10.200 persoas que na actualidade deben acudir ao ambulatorio Fontenla Maristany na Porta Nova.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora