A estafa das preferentes

A estafa das preferentes

28 de Setembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

APRES Ferrolterra é a  Asamblea de afectados polas preferentes e subordinadas na comarca de ferrolterra. Fórmanna na zona 179 persoas que caeron no engado dos bancos e viron como os seus aforros quedaban secuestrados a perpetuidade. Pero advirten que as víctimas poden ser moitísimas máis e recomendan aos cidadáns que se acheguen á sua entidade bancaria e pregunten como está a sua conta de aforro por se houbera sorpresas.

En Radio Fene esta mañá contáronnos os seus casos, todos similares, e o camiño que seguirán para recuperar os cartos. O caso de Ramón Vázquez é o máis común. Gervasio Aneiros é un dos afectados, aínda que o seu caso é, se cabe, máis descarado. A él ofrecéronlle as preferentes e negouse a destinar a ese produto os seus aforros. O director da entidade bancaria fíxolle caso omiso e sen contar coa súa asinatura, meteulle o diñeiro alí.

Os datos son inconcretos se queremos poñer unha cifra, pero calcúlase que en Galiza hai máis de 100.000 víctimas deste producto bancario denominado “Preferente”. Hai pouco presentóuselles unha saída, unha arbitraxe que os afectados non poden aceptar por que, segundo dín, é un “chanchullo” parcial, feito a medias entre NovaGaliciaBanco e a Xunta de Galicia, segundo nos explica outro afectado da comarca, Santos Tembrás. O único que lles queda para recuperar o seu diñeiro é a via xudicial, e a demanda que a Asamblea de afectados de ferrolterra APRES está preparando nestes momentos. Tamén lles queda a mobilización que protagonizan cada xoves ás 11 da mañá diante da oficina principal de NovagaliciaBanco na rúa Galiano de Ferrol.
APRES Ferrolterra instalou a sede no local da AVV de Santa Mariña do Monte e alí atenden os martes e xoves de 6 a 8 da tarde. Ademais poñen a disposición dos potenciais afectados dous teléfonos 606 657 967 // 981 370889

Sociedade