Estamos en boa liña

O Perlío marcou oito goles ao Moeche e suma 9 puntos en tres partidos.
13 de Xaneiro, 2020 - 09:32 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío disputa a primeira praza ao Maniños, na cabeza da clasificación. Os dous equipos levan 9 de 9 e enfrentaranse dentro de duas xornadas.

ESCOITA O PODCAST:

“Estamos en boa liña” afirma o técnico do Perlío, Chechu Piñeiro, para salientar o bo xogo do seu equipo que onte superou ao Moeche cun contundente 7-0. Levan 9 puntos en tres partidos, 14 goles a favor e 3 en contra, pelexándolle o posto ao Cultural Maniños que é primeiro na clasificación.

Recoñece Piñeiro que foron moi superiores ao Moeche desde o primeiro minuto, chegando ao descanso xa cun abultado 5-0. A segunda parte foi de trámite, sumando outros dous goles. Meteron entre os tres paus, Isma e Dani Varela, dous goles cada un. Os outros tres foron de Diego Calvo Raúl e Jaime. Este último recibiu un golpe na boca que o levou ao hospital onde lle puxeron varios puntos de sutura.

Na próxima xornada, o Perlío enfróntase ao Mugardos B no anexo da Pedreira, un campo difícil ao que hai que adaptarse, en palabras do técnico dos Pinares. O Mugardos B é un rival directo que neste momento ocupa a terceira praza pero “o Perlío non ten medo a ninguén. Sí respeto”, conclúe Chechu Piñeiro.

Deportes

Publica o teu comentario agora