Estamos fartas

Estamos fartas
12 de Maio, 2022 - 08:09 h. | Publicada por Radio Fene

"Estamos fartas de recibir odio por facer contido en galego" afirma a tiktoker @paulablackmakeuplover. Xunto con outra ducia de tiktokers publicaron un video animando a participar na manifestación do 17 de maio . Por un novo futuro para o galego. Ese é o lema co que se convoca un acto o vindeiro martes dia das Letras Galegas. A plataforma queremos galego insiste na necesidade de defender a nosa lingua. Algunhas das enmendas da Lei do Audiovisual que está a debater o Congreso dos Deputados, quere garantir a pluralidade lingüística pero só nalgunha das linguas cooficiais. Iso é inxusto porque Galicia foi pioneira na defensa das diferentes linguas diante de plataformas como Netflix ou Filmin, segundo o voceiro de Queremos Galego, Marcos Maceira.  

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Marcos Maceira deu algunhas cifras da realidade do galego . Algo que contradi as teorías do bilinguismo harmónico ou da cordialidade lingÜística. "Menos do un por cento das sentenzas xudiciais están en galego". O martes "Autobuses do galego" sairán de localidades en toda Galicia. Trasladarán a Santiago de Compostela ás persoas que queiran participar na defensa do idioma galego. Mäis información no portal queremosgalego.gal

 

Fotografía: Xan Xe Corral. A cidade da Coruña desde os Castros

Cultura

Publica o teu comentario agora