ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Un invento para facer publicidade. O día máis triste do ano non existe. Ata o creador recoñece que o “Luns Azul” naceu para unha campaña de marketing. Un bulo contraproducente, opina o psicólogo José Barcia Tuccelli.

“Superficial e contraproducente porque non axuda a entender as nosas emocións”, indica Barcia Tuccelli. “Manda a mensaxe de que todas as persoas estaríamos igual de afectadas e non é verdade, as emocións son unha experiencia persoal, subxectiva e son dinámicas”.
Tristes pola traxedia de Adamuz
A tristeza cumpre unha función adaptativa. Todos sentimos tristeza cando se producen sucesos como o accidente de trens de Adamuz. Outra cousa é “cando se mantén durante moito tempo, cando nos condiciona no día a día e deixamos de facer o que nos gustaba”. Nese caso debera ser tratada, “cando esa tristeza acaba sendo o principal na vida é unha luz de alterta moi importante”, advirte o especialista.
Publica o teu comentario agora