A estatua de Carvalho Calero provocará un impacto, asegura Alexandre Banhos

A estatua de Carvalho Calero provocará un impacto, asegura Alexandre Banhos

29 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

“O pobo galego vai ficar impresionado”. Con estas palabras un emocionado Alexandre Banhos, presidente da Fundación Meendinhos, referíase á estatua de Carvalho Calero que se descubrirá mañá, ás 11:00 horas, en Compostela. O monumento érguese a iniciativa da fundación  para homenaxear a figura do profesor ferrolán. O evento contará coa presenza dos tres reitores das universidades galegas, representantes do Concello,

Debido á escasa atención que se lle adicaba a Carvalho Calero co gallo do seu centenario, a Fundación Meendinhos ideou a creación dun monumento singular e de gran impacto artístico, “que falara coa xente” , sinalou Banhos. Tras un concurso público, no que se presentaron 18 escultores, foi seleccionado José Morales. O artista creou unha estatua que reflectirá a dimensión do mellor catedrático galego-portugués da historia, declarou.

A capital galega vai sufrir un “shock” cando contemple este monumento de bronce que revalorizará a contorna e enriquecerá o patrimonio de Compostela, afirmou en radiofusión un ilusionado Banhos. O monumento ubicarase nun lugar privilexiado, a alameda santiaguesa, para “interactuar co público e ser tocada”. Un lugar, precisou Banhos, polo que pasan 1.500 persoas ao ano, o máis concurrido do país, e no que os visitantes, a través desta estatua, poderán coñecer a idiosincrasia do noso pobo.

Sociedade