Este ano, pouco grelo

Este ano, pouco grelo

04 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Falamos dun dos productos máis desexados da temporada, o grelo do Val de Xestoso. Este domingo dia 7 celebran en Monfero a Feira anual do grelo, unha oportunidade para facerse cunha mada do producto. De momento non é posible facerse con eles porque a producción foi escasa por culpa da neve e das multiples xeadas.

A partir da vindeira semana será posible atopalos na cooperativa do Val (Narón) e degustalos nalgúns restaurantes na provincia da Coruña. Segundo o presidente da Cooperativa do Val de Xestoso, Alejandro Dafonte, probablemente o grelo se porá á venda na feira a uns 2 € aproximadamente porque ata a mañán do domingo non se fixará o prezo definitivo de venda.

Na feira do domingo hai concurso para premiar as madas e cestas que se porán en exposición e venda dende as 10 da mañán. Contémplanse ata 3 premios en cada modalidade.  Non faltará a degustación de lacón con grelos e o pregón que nesta undécima edición fará a xornalista, Belén Regueira.

300 Kg de grelos degustaránse o domingo en Monfero, xunto con 200 kg de costela e chourizos.Unhas 6.000 persoas acuden a esta cita co grelo do Val de Xestoso  cada ano. Será porque o grelo de Monfero é o máis doce e o máis fácil de cocer. Foi incluido na denominación de orixe “grelo de Galicia”.

Sociedade