ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
“Está todo o mundo listo? Si, este home vai na dilixencia con vostede. E viaxante de whisky” afirman na película A dilixencia de John Ford e protagonizada por John Wayne. Quen ten que coller o tren ou o autobús en Ferrol, Eume e Ortegal ten que armarse de paciencia como os pasaxeiros das dilixencias nas películas do Oeste.

Ferrolterra planta batalla para deixar de ser o vagón de cola do tren en Galicia, titula Diario de Ferrol. A manifestación convocada onte polo Foro Cidadán polo Ferrocarril logrou o respaldo de máis de 10.000 persoas. Clamor social e político en Ferrol para reivindicar un tren do século XXI. Respaldo unánime á protesta do Foro Cidadá polo Ferrocarril. Unha multitude botouse á rúa. Reclaman investimentos no tren e tamén no autobús. O abandono da estación de autobuses de Ferrol é só a pinga que fai rebordar o vaso.
Publica o teu comentario agora