Esther Bendahan gaña o premio de novela Torrente Ballester

Esther Bendahan gaña o premio de novela Torrente Ballester

11 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A novelista hispano – marroquí Esther Bendahan gañou o premio de novela Torrente Ballester convocado pola Deputación da Coruña. Venceu coa obra titulada “Amor y ley. El tratado del alma gemela”.Ao certame presentáronse nesta edición arredor de 600 obras.

A novela premiada narra unha búsqueda que se desenvolve por España, Marrocos e Italia. Esther Bendahan naceu en Tetuán en Marrocos, no seo dunha familia xudea española. Na actualidade dirixe a programación cultural da Casa Sefarad de Israel en Madrid. Na súa obra “Déjalo, ya volveremos” narra a súa infancia e a desintegración da comunidade xudía de Marrocos.  O seu máis recente traballo, "Pene" presentado o sábado pasado, é un desgarrador berro contra a submisión, en todas as súas facetas. Esther Bendahan logrou o premio de novela Torrente Ballester, segundo deu a coñecer este mediodia a Deputación da Coruña.

Cultura