Esther e Daniel na gloria

Esther e Daniel na gloria

27 de Agosto, 2018 - 12:00 h. | Publicada por

Esther é xustamente célebre polo  traxe e a fermosura de fidalga galega, sen dúbida de ollos verdes e grave pelo loiro. A estatua de Esther pode ser a raiña Lupa e a de Judith a de dona Urraca. Os dous sorrisos de Daniel e Xoan cruzan o Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela como privilexios de xuventude. Tamén a mocidade imberbe de Daniel, en cuios beizos a pedra sorrí mentras os pés parecen

O Pörtico da Gloria,  a expresión máis xenial do arte cristián do medievo. As xentes sinxelas o aman, o veneran e o sinten dramaticamente. No Pórtico da Gloria, o Mestre Mateo desenvolveu un complexo programa iconográfico de contido apocalíptico e salvífico centrado na visión da Xerusalén celeste, completando a historia da salvación do home iniciada nas portadas laterais da catedral románica.
A mensaxe iníciase na cripta do Pórtico, onde se representa o mundo terreal, que necesita dos astros para iluminarse nas claves das bóvedas, ao contrario que a nova Xerusalén, cuxa luz é o Cordeiro na clave da tribuna.
O Pórtico aséntase directamente sobre unha serie de animais, reais e fantásticos, procedentes do bestiario medieval, cada un deles co seu propio significado; serían os símbolos do mal oprimidos pola Gloria de Deus. Os arcos laterais carecen de tímpano; no esquerdo, de complexa interpretación, representaríase o Pobo de Israel, na arquivolta superior, suxeito á lei mosaica e, na inferior, o descenso de Cristo ao limbo. No da dereita, represéntase o Xuízo Final, coas cabezas de Cristo e San Miguel na clave, separando os bienaventurados, que son conducidos á Gloria e os condenados, que sofren tormento.
A Gloria do tímpano central está presidida por unha imaxe de Cristo en Maxestade, rodeado polo catro evanxelistas e o grupo de boaventurados. Na parte inferior, represéntanse anxos con instrumentos da Paixón e, na arquivolta, vinte e catro anciáns afinan os seus instrumentos para tocar música celestial. O tímpano susténtase sobre os dinteles, coa inscrición conmemorativa da súa colocación en 1188 e un parteluz presidido por unha imaxe sedente de Santiago o maior coroando a columna coa árbore de Jesé, a xenealoxía humana de Cristo que se completa coa divina no capitel da Trindade.

Nos laterais, repártense unha serie de estatuas-columna, con profetas á esquerda e apóstolos á dereita, que se continúan na contrafachada e, tamén, na desaparecida fachada exterior, da que se conservan distintas pezas. A individualización dos rostros e a complicidade entre os personaxes do Pórtico da Gloria, constitúe unha das principais achegas do Mestre Mateo á historia da arte.

Sociedade