Esther: "Paloma era moi boa muller"

Esther: "Paloma era moi boa muller"
11 de Outubro, 2021 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Elisabet Naveiras fai -no podcast Os Incurábeis- de Esther, a irmá do Miñoca, que traballa no Niño da Pomba, e non ten reparo en confesarlle ao inspector que Paloma era unha xefa estupenda e unha moi boa muller, pero, tanto as súas empregadas como, incluso, Palmira, a súa filla, non se levaban demasiado ben con ela, por unha simple cuestión de celos. Unha palabra esta, a dos celos, a ter moi en conta para resolver con éxito a investigación policial.

ESCOITA O PODCAST:
Elisabeth Naveiras fai o papel de Esther

Foron os celos, quizais, a causa do crime de Paloma? 

Cultura

Publica o teu comentario agora