Estirpe de Marwán

Estirpe de Marwán
22 de Xaneiro, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

Despois de tomarnos o tempo xusto e necesario para dixerir Ao sur da liberdade, a primeira entrega da triloxía sobre a estirpe do galego Banu Marwán, chéganos a segunda parte da serie elaborada por Xosé Henrique Costas baixo o título Entre a vontade e o destino. Nesta segunda entrega, mergullámonos nunha sociedade conflitiva na que abondan as tensións das diversas faccións sociais, políticas, étnicas e relixiosas. Vemos como estas condicionan a vida das persoas e personaxes que desfilan por este relato histórico dun clan galego nunha época tan remota como convulsa.  Ao final desta segunda entrega, igual ca na primeira, aparece un índice toponímico, outro onomástico e un glosario de arcaísmos, arabismos, dialectalismos e voces de uso pouco común.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Henrique Costas sobre Entre a vontade e o destino:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/160125COSTAS.mp3

Fotografia Xan Xe

 
A novela comeza no ano 811. Era unha época na que o cristianismo e o islamismo aínda se estaban definindo. O corpus escrito era moi escaso e había múltiples tendencias en cada relixión. De feito, o exemplar da Biblia máis antigo que se conserva data do ano 900. Entre a vontade e o destino. Unha novela histórica de Xosé Henrique Costas Unha publicación de Edicións Morgante.

 

Na imaxe Xosé-Henrique Costas en Radio Fene

Fotografía Xan Xe
 

Cultura

Publica o teu comentario agora