ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Malia a mellora xeral nas condicións da circulación pola rede viaria provincial, 20 operarios e 8 máquinas continúan a traballar para garantir a seguridade dos usuarios. A estas horas do mediodía, aínda se recomenda circular con precaución pola LU-P-1303, no Concello de Folgoso do Courel e a Deputación agarda a resposta da DGT.
20 operarios e 8 máquinas da Deputación continúan traballando nas estradas provinciais para retirar a neve caída nos últimos días. Esta redución nos efectivos con respecto á xornada de onte, na que se chegou a acumular preto dun metro de neve nalgunhas estradas, débese ao intenso traballo levado a cabo polo operativo posto en marcha pola institución provincial e a lixeira melloría das condicións climatolóxicas. De feito, nos tramos afectados hoxe tan só se rexistran uns 10 ou 15 centímetros de altura de neve.
Logo de recuperar a práctica normalidade na práctica totalidade das estadas nas que onte había dificultades para circular, hoxe tan só se recomenda circular con precaución pola estrada LU-P-1303, de Seoane por Visuña a Ferramulín, no Concello de Folgoso do Courel. Os reponsables provinciais recomendan, de calquera xeito, reducir os desprazamentos ao imprescindible e, de ser posible, empregar percorridos alternativos.
Por outra banda, abriuse temporalmente ao tráfico a LU-P-4501, no Concello de Pedrafita do Cebreiro. No caso desta estrada, a neve retirada a ambas marxes da estrada acadou os tres metros de altura, polo que se agarda a resposta da Dirección General de Tráfico, acerca da necesidade de pechar novamente o tráfico esta vía.