Estratexias cooperativas para a industria

Estratexias cooperativas para a industria
20 de Xuño, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Galicia distrito industrial. O libro de Antón Baamonde e Daniel Hermosilla, publicado pola Editorial Galaxia, inclúe unha exhaustiva cartografía das empresas galegas máis importantes. Explica con claridade as súas características. Moitas delas presentan unha natureza e orixe familiar, pero ao mesmo tempo posúen un alto valor tecnolóxico, talento e maquinaria de última tecnoloxía. Xa están internacionalizadas e poden dar un gran salto adiante se aplican estratexias cooperativas.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Daniel Hermosilla e Antón Baamonde arredor de Galicia, distrito industrial:
https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/190624BAAMONDE.mp3

Fotografia Xan Xe

Mellorar o tramo Ferrol-A Coruña do ferrocarril debera estar entre as prioridades en Galicia. Defende Baamonde que tamén chama a atención sobre a urxente modernización do trazado Vigo- Porto. Prioridades que chocan co relato que prevalece no discurso político e mediático onde o debate está centrado en mellorar a conexión con Madrid. 

 

Daniel Hermosilla e Antón Baamonde en Radio Fene

Fotografía Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora