Estrea de Caldo

Estrea de Caldo
13 de Maio, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Caldo estrea esta fin de semana o seu segundo álbum. 'Lugar A Ponte' é o título desde novo traballo de María Jorge, Anaïs Barbier e Pedro Fariñas, co que falamos no programa Sons de Nós. Aquí podes escoitar a entrevista completa.

 

ESCOITA O PODCAST:

O guitarrista e gaiteiro de Caldo explica as novidades que incorpora este disco e o por que dun título que quere render unha homenaxe ao lugar onde agromou o caldo. O primeiro single chámase ‘O que fomos’, gravado e producido con Alberto Cernadas. A canción que abre o álbum é unha muiñeira, 'Cáncaro d’abril'. Falamos en Radiofusión desta nova proposta intimista e potente de Caldo, ateigada de honestidade, na que o trío incorpora novas texturas e atmosferas á súa sonoridade.

Na imaxe, María Jorge, Anaïs Barbier e Pedro Fariñas.

Cultura

Publica o teu comentario agora