ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Comeza a Liga de Fútbol feminino na Segunda División Galega a vindeira fin de semana. Estrease na categoría o Perlío feminino nunha tempada que presenta importantes novidades na competición, das que nos falou a primeira adestradora do equipo dos Pinares, Conchi López.

Recen ascendido á Segunda División Galega, o Perlío feminino márcase o reto de afianzar a categoría. O Perlío é o único equipo que defenderá as cores de Fene na Liga feminina. O Maniños non contaba con suficientes xogadoras e chegou a un acordo co Racing de Ferrol ao que cedeu a categoría coa condición de que acollera ás xogadoras que o desexaran.
Novidades
A competición será entre corenta equipos distribuídos en catro grupos. Disputarase por fases. A primeira rematará en febreiro. Os tres primeiros de cada grupo competirán na segunda polo ascenso, os tres últimos para evitar o descenso e o resto xogarán unha especie de liga de prata.
Nos Pinares
Para comezar a tempada xogará o domingo nos Pinares contra o Brexo Lema, equipo de Cambre que xa é veterano na categoría.
Publica o teu comentario agora