Estudantes de galego de Francia e Castilla y León visitan Galicia para coñecer a súa realidade sociolingüística

Estudantes de galego de Francia e Castilla y León visitan Galicia para coñecer a súa realidade sociolingüística

13 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Un grupo de sete estudantes de lingua e cultura galegas do Centro de Estudos Galegos de la Universidad de París e 113 alumnos de centros educativos do Bierzo (Castilla y León) chegaron hoxe a Galicia no marco de dúas viaxes co obxectivo de coñecer e achegalos á realidade lingüística, cultural e social da Comunidade Autónoma.

A secretaria xeral en funcións de Política Lingüística, Marisol López, recibiu esta mañá ás alumnas e á lectora do centro de estudos galegos de París, para explicarlles algúns dos proxectos "para fomentar o emprego do galego nos distintos ámbitos da sociedade" postos en marcha nos últimos meses. Así, destacou a "importancia dos centros de estudios que conforman a proxección exterior da lingua galega" na súa potenciación.O programa da delegación francesa --que comezou hoxe e prolongarase ata o sábado 18 de abril-- continuará mañá nas illas Cíes, Tui e o Castro de Santa Tegra; o mércores en Allariz, Ribadavia, Ourense e O Incio; o xoves en Seoane do Courel e Lugo; o venres A Costa da Morte; e o sábado, finalmente, visitarán o Museo do Pobo Galego e a zona histórica de Santiago de Compostela. Pola súa banda, o grupo procedente de El Bierzo visitará hoxe, en A Coruña, a Domus e a zona de Riazor; o martes, trasladaranse á Casa Museo de Rosalía de Castro, diferentes monumentos da capital galega e asistirán a un espectáculo do artista Xurxo Souto sobre o rock en galego. Finalmente, o mércores acudirán a Celanova, Vilanova dos Infantes e Ourense; o xoves coñecerán a Ría de Vigo, O Morrazo e Pontevedra; e o venres visitarán o castro de Viladonga e a cidade de Lugo.

Sociedade