Estudantes italianos pasan unha semana en Fene

Estudantes italianos pasan unha semana en Fene

19 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os estudantes italianos que chegaron a Fene esta semana no programa de intercambio cos alumnos-as do IES de Fene viaxaron hoxe á Coruña dentro do programa que o IES e o concello deseñaron para eles, para que se encontren o mellor posible nesta estancia de unha semana en terras galegas.

.Mañán participarán na festa do entroido do centro de Barallobre e durante a fín de semana estarán coas familias acolledoras. Onte recibíronnos oficialmente no concello de Fene. O concelleiro de Cultura, Edgar Vigo, déulles a benvida e desexoulles que disfruten das nosas maravillas e da estancia. Quédalles un paseo en lancha pola ria e unha camiñada a pe polo Belelle. Visitarán a vindeira semana Santiago de Compostela.  O director do IES de Fene agradeceu no acto, a colaboración do concello con iniciativas como esta. Unha portavoz dos 12 mozos-as venecianos, amosaba a sua felicidade pola viaxe e recoñecía que a xente de aquí é moi acolledora.   

Sociedade