Estudarán a reordenación do alumnado en Fene

Estudarán a reordenación do alumnado en Fene

21 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha comisión de traballo do Consello Escolar Municipal de Fene estudará a posible reordenación do alumnado para reforzar as ratios de nenos e nenas por profesor. Mentras se manteña a actual ratio, non se pechará ningún colexio en Fene, segundo reiteran desde a Inspección da Consellería de Educación.
O Consello Escolar aprobou o documento presentado polo Colexio O Ramo de Barallobre no que insta ao Concello a desenvolver unha campaña

O inspector de zona da Consellería de Educación Félix Perujo reiterou que non existe constancia de intención de peche de ningún centro escolar en Fene. Manifestouno así nunha reunión do Consello Escolar Municipal celebrada na tarde de onte na Casa da Cultura de Fene. O inspector explicou que a eliminación das 34 prazas de profesores faise para favorecer a consolidación dos postos de traballo. O Concello iniciará unha campaña en defensa do ensino público e instando aos veciños de Fene a matricular os seus fillos nos centros educativos do municipio.

Cultura