ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
“Presentámonos como veciños, non coma políticos”. Con esta carta de presentación EU de Fene amosaba, en San Valentín, o seu programa para os comicios municipais do vindeiro domingo. A candidata á alcaldía Mari Carmen Martínez, Pilar Rodríguez e Eloy Gárate, deron conta das súas propostas aos asistentes e convidaron á xente a dar un xiro á esquerda.
“Semella que a estas eleccións concurren só o PSOE, PP e BNG e nós ofrecemos unha alternativa distinta, un xiro para o concello” manifestou Mari Carmen Martínez. A candidata fixo fincapé na atención aos veciños e veciñas de Fene, “sempre que vaiades ao concello seredes atendidos”, sinalou . O seu programa baséase, explicou, nun plan de austeridade onde se acometerán as prioridades da veciñanza como recollida de lixo, alumeado ou alcantarillado.
Pilar Rodríguez, número dous da candidatura de EU, incidiu no eido da educación, na importancia da ensinanza pública e na dinamización do Consello Escolar Municipal. Pola súa banda, Eloy Gárate, terceiro na lista, avogou por que por primeira vez unha muller colla as rendas do concello.