ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Manexar as novas tecnoloxías, axudar nas tarefas escolares, os labores da casa, xestións administrativas, facer compaña, coidar animais ou perruquería. Son algunhas das actividades propostas polo banco de tempo de Ordes. A xente que queira participar no trueque debe inscribirse nas oficinas municipais.
O proxecto consiste nun sistema de intercambios de servizos por tempo, en lugar de cartos, permitindo intercambiar todo tipo de servizos ou actividades gratuítamente con outras persoas, utilizando como moeda simbólica o tempo, o que tamén fomenta as relacións sociais e de igualdade entre a veciñanza, independentemente das súas diferencias socioeconómicas.
Tal e como explicou o concelleiro de Xuventude do Concello de Ordes, Roberto Iglesias, con esta iniciativa preténdese poñer en marcha unha ferramenta para mellorar a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, principalmente das persoas con fillos/-as ou persoas maiores e/ ou dependentes ao seu cargo, así como fomentar a solidariedade veciñal, as relacións interxeracionais e o compromiso social.
O proxecto abarca un estudo de viabilidade técnica, económica e temporal, que permita valorar as necesidades e demandas da poboación de medidas de conciliación destas características.
A participación está aberta a todo tipo de persoas residentes en Ordes, sendo o único requisito contar con interese en intercambiar actividades ou coñecementos por tempo, sendo estas do máis diversas, dende tarefas relacionadas co manexo das novas tecnoloxías, axudas coas tarefas escolares, realización de tarefas domésticas, axuda para a realización de xestións de índole administrativa, labores de compaña, coidar animais durante viaxes ou mesmo masaxes e perruquería.
Este proxecto conta coa colaboración da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, a través do Centro de Información á Muller (CIM).
Para inscribirse no proxecto ou facer consultas, pode chamar ao número de teléfono 981 680 002 en horario de 9 a 15 horas no CIM, así como escribir ao enderezo electrónico: bdt@ordes.dicoruna.es. Tamén se pode obter máis información nas redes sociais de facebook e twitter do Concello de Ordes e Radio Ordes.