Eu non son nada de chorar, pero ese día chorei

Eu non son nada de chorar, pero ese día chorei
21 de Xuño, 2022 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

“Eu non son nada de chorar, pero ese día chorei. A fartar. Chorei polo pasado, polo futuro que non fora, polos seres queridos que nunca volverán pisar a terra natal, polos mortos, polos vencidos. Chorei por min”, recorda María Casares no podcast “Eu son do océano”.

 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía: Xan Xe Corral

Durante a ocupación de Francia, a casa parisiense de María Casares e Gloria Pérez na rúa Vaugirard foi fortaleza para os perseguidos. Baixo o seu teito atoparon acubillo exiliados españois que fuxiran do réxime franquista e que volveron ser proscritos despois do armisticio do 22 de xuño de 1940.

Cultura

Publica o teu comentario agora