Eu quero morar "numa casinha feita à mão...”

Eu quero morar "uma casinha feita à mão...”
25 de Outubro, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Cando unha canción chega a converterse nun himno deber quer dicir que a súa mensaxe ten un contido máis aló do sentimental. Así ten pasado con “Casinha da Floresta” a canción do músico brasileiro Nanan.

ESCOITA O PODCAST:

Nanan é Renan Aurélio Ferreira Zanatta, un músico brasileiro con tantas facetas que é imposible abarcalo nun só programa. 

Porque Nanan é músico e compositor pero tamén é docente, luthier e un créente convencido do poder sanador das cancións e da súa enerxía máxica. Nanan é, sobre todo isto, un ecoloxista convencido de que a conexión coa terra é imprescindíbel. As súas cancións, tentan establecer unha conexión entre o pasado e o futuro do noso fogar común, a Terra, tanto así que unha das súas cancións, “Casinha da Floresta”, tense convertido nun símbolo do ecoactivismo no Brasil.

A diversidade por bandeira nas súas pezas, nesta música que ten na tradición latinoamericana a súa fonte pero que podería ter bebido de fontes máis afastadas sen problemas de identidade. De feito, aínda que o seu proxecto musical principal é en solitario, forma parte da Kosmik Band, músicas do mundo e mantras, que difunde novos sons cun cancioneiro adicado á natureza e ás tradicións humanas, musicando os mantras que utilizan na India.

Tivemos a sorte de poder escoitar a súa música na Fundaçom Artábria no concerto que formou parte da xira que está a facer por Europa, na que demostra o poder dun músico cunha guitarra e a súa voz como ferramentas, poderosos elementos que son quen de removernos por dentro e sementar mensaxes que non poden deixar de atenderse. 

Fotografía: XanXe

Cultura

Publica o teu comentario agora