Eu son do océano

Eu son do océano
22 de Maio, 2022 - 08:57 h. | Publicada por Radio Fene

Eu son do océano. Así define María Casares a súa orixe. A actriz Paula Carballeira conduciu o acto de presentación do libro de Pitusa Arias e Carlos Sardiña sobre María Casares. Cristina Moreira, Helga Méndez, Vicky Sás e Eugenia Sanmartín interpretaron fragmentos do podcast sobre a filla de Casares Quiroga que se comezará a emitir o vindeiro martes en Radio Fene todos os dias as nove da mañá e as nove da noite. 

Fotografía Xan Xe Corral

O alcalde de Fene Juventino Trigo, o debuxante Carlos Sardiña e a presidenta do Club de Prensa de Ferrol Xulia Diaz dirixironse aos asistentes na tarde de onte no Circulo Mercantil e Industrial Unidade de Fene. Tamén tomaron a palabra Sofía Oriana Infante -autora da banda sonora orixinal do podcast- e a artista Dulce Anca. Indicaron a necesidade de poñer en valor a traxectoria de María Casares e loubaron tamén o labor comunicativo e asociativo de Pitusa Arias.

Fotografía: Xan Xe Corral

Cultura

Publica o teu comentario agora