ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Queridos oíntes, no lugar ao que fun estaban en pleno domingo de entroido. Fun ver a festa: dúas máscaras, unha, con careta de demo, e a outra, con cara de porca, facían as delicias dun coro de mulleres sentadas nun arró.
E si, por aquí ven Don Ramón, bambeándose. Imaxinan o cadro?

Este é o capítulo 8 desta adaptación radiofónica de “Os vellos non deben de namorarse” de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e ten sido guionizado por Antonio Tizón, dirixido por Eugenia Sanmartín e conta cunha banda sonora composta por Antón Ramos. Máis de 20 persoas de equipo artístico e técnico deron vida a esta obra de Castelao.
As voces que ides escoitar neste capítulo son as de Rogelio Arias como A Morte, Oluscofusco no papel do Demo, Sonia Parra como A Porca e Ángel Simón como Don Ramón.
O grupo Merlín e Familia está composto polos seguintes actores e actrices por orde de aparición: Rogelio Arias, Sonia Parra, Antón Cortizas, Mariola Hermida, Carme Romero, Helga Méndez, Ana Santiago, Vicky Sas, Odoluscofusco, Angel Simón e Manolo Bacalhao. No apartado técnico Lorena Teijeiro, Luis Caldevilla e Xavier Fernández.
Na imaxe Odoluscofusco
Fotografía: XanXe
Publica o teu comentario agora