ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O profesor da Universidade da Coruña, Juan Luís Montero, da este martes unha conferencia en Ferrol, acompañando unha exposición de fotografías de Eloy Taboada, sobre a rexión do Eufrates, onde a Universidade Galega leva a cabo as suas investigacións arqueolóxicas, a piques de iniciar a quinta campaña no mes de xuño.
Unha conferencia de Juan Luís Montero Fenollós explicará mañán en Ferrol as investigación arqueolóxicas que a Universidade da Coruña leva a cabo en Siria, no val do rio Eufrates. “Tralas pegadas do imperio asirio” é o título que o profesor da Universidade da Coruña, Montero Fenollós, pronunciará mañán ás 8 da tarde na sede da Fundación Caixa Galicia do Cantón. Fenollós é o director do proxecto arqueolóxico no Medio Éufrates Sirio. Esta mañán adiantou en radiofusión en qué punto están as investigacións patrocinadas integramente por unha universidade galega.
No mes de xuño comezarán a quinta campaña do proxecto que continuarán afondando onde o deixaron a campaña pasada, nun edificio destruído por un incendio que quedou fosilizado e lles está a dar moita información de como vivian os nosos antepasados hai mais de 2000 anos. Na proxima campaña, no mes de xuño, o profesor Montero Fenollós, adiantounos que utilizarán unha moderna técnica de prospeccion magnética, nada destructiva e que permitirá obter un plano do que hai baixo terra sen necesidade de escavar.
No mesmo lugar onde Fenollós dará mañán a conferencia, na Fundacion Caixa Galicia, permanece aberta ao publico unha exposición fotográfica de Eloy Taboada, coas imaxes da expedición, baixo o título "Eufrates: un rio de historias". A mostra permacerá en Ferrol ata o 31 de maio. Os xoves realízanse visitas guiadas á mostra, ás 7 da tarde.
O dia 12 de maio o propio Eloy Taboada proxectará en Caixa Galicia un audiovisual.