Eume e Ortigueira manteñen o pulso na Segunda Autonómica

Eume e Ortigueira manteñen o pulso na Segunda Autonómica

18 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

No cumio da clasificación do grupo terceiro da Segunda Autonómica de fútbol, o Ortigueira recibe ao Capela e o Eume Deportivo visita ao Numancia de Ares. Os dous manteñen  o pulso polo liderato da categoria e continuan empatados a puntos. Os partidos comezarán este domingo ás cinco da tarde.

O Perlío visita esta tarde ao Mugardos nun novo encontro da Segunda Autonómica de fútbol. O partido comezará ás cinco da tarde no campo de herba da Pedreira. Os mugardeses solicitaron o adiantamento do partido e comprometéronse a xogar nas instalacións de herba, salvo que caese moita choiva ao longo desta semana. Como o tempo foi bastante seco, o adestrador do Perlío Fernando Alvarez, agarda que non haxa novidades. Xa mañá domingo o Barallobre recibe ao Cariño e o Maniños visita ao Galicia de Caranza.

Deportes