Europa e a mina de Corcoesto

Europa e a mina de Corcoesto

24 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A Comisión Europea (CE) terá que dar conta dos perigos que o uso do cianuro pode acarrear en megaproxectos mineiros como o de Corcoesto. Este organimos terá que respostar a unha pregunta con solicitude de resposta escrita na que se lle pide á CE "esixir aos Estados membros que prohiban o uso das tecnoloxías mineiras a base de cianuro na Unión Europea" e ás empresas "que conten cun seguro en caso de accidente".

 
A eurodeputada nacionalista galega Ana Miranda, do Grupo dos Verdes, é a autora desta iniciativa na que advirte á Comisión Europea (CE) dos riscos tanto para a saúde como para o medio ambiente que comporta o uso de cianuro nas explotacións mineiras. Así, expuxo que macroproyectos como o da mina de Corcoesto (A Coruña) utilizan 128 quilos de cianuro por quilogramo de ouro.
 
"Efectos catastróficos"
 
"O transporte e almacenamento  desta substancia pode ter efectos catastróficos, en caso de ruptura, para as augas subterráneas, as concas hidrográficas e a superficie con consecuencias directas prexudiciais para a saúde das poboacións veciñas", denuncia na súa pregunta a eurodeputada.
 
Miranda engadiu que "as empresas que explotan estes proxectos como o grupo canadense Edgewater Exploration en Corcoesto, son un exemplo de compañías estranxeiras autorizadas por gobernos permisivos, que modifican as leis á súa propia conveniencia e non á dos cidadáns".
Sociedade