Europa en ruta

Europa en ruta
07 de Xuño, 2024 - 08:27 h. | Publicada por Radio Fene

Louis Renault fundou a marca co seu apelido en 1898. Lanzou en 1961 o seu modelo 4L (coñecido popularmente como catro latas) para competir co 2 CV de Citroen. Cun motor de tracción dianteira e un prezo axustado, logrou un gran éxito no mercado. Unha caravana con vehículos históricos desta marca saiu  a comezos desta semana na comarca do Loire en Francia e visita este sábado Fene. Realizarán unha parada para coñecer o Monumento ao Camiñante Descoñecido de Barallobre. A profesora Anxos García Fonte explicará alí o obxectivo do Monumento e o significado de Rosalía de Castro no mundo da cultura.

Caravana de Cap aventure 4L

Participan na caravana vehículos 4L e un jeep. Son unha asociación que nos últimos dez anos visitaba todos os veráns Marrocos, pero este ano quixeron descubrir Galicia. CAP Aventure 4L, da localidade de Sainte-Maure du Touraine,  rematará a súa peregrinaxe na catedral de Santiago de Compostela o domingo  pola mañá. O luns emprenderán viaxe de retorno cara Francia, collerán a ruta de Europa, para gozar a modo da paisaxe e da gastronomía, compartindo a cultura e respectando o entorno. Eses eran os obxectivos do Monumento ao Camiñante Descoñecido cando se inaugurou en Barallobre, hai agora 90 anos.

Sociedade

Publica o teu comentario agora