As europeas polarízanse en Redondela

As europeas polarízanse en Redondela

08 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

PSOE e PP incrementan o número de votos respecto das eleccións do ano 2004 con practicamente un empate técnico e perden apoio electoral BNG e IU. Cunha participación dun 45’22% do electorado, o PSOE foi a forza máis votada con 4.684 votos, 263 votos máis que no 2004. O PP acortou vantaxe e acadou o respaldo de 4650 electores, 400 máis que hai catro anos.

O BNG sofre unha desfeita no municipio e cae notablemente, pasa de 1.503 a 1.144 votos. Tamén IU vese prexudicada claramente co bipartidismo e perde apoios acadando tan só 190 votos fronte aos 302 que obtivera nas anteriores eleccións europeas. Na comarca a forza máis votada foi o PP que obtivo 6.956 votos seguido moi de preto polo PSOE con 6.229 sufraxios mentres cae o apoio a formación nacionalista e a outras forzas como Esquerda Unida.

 

En Soutomaior o PP afianza o seu respaldo electoral e pasa de 1.075 votos a 1298, un concello no que tamén soben os socialistas que acadan 725 papeletas fronte ás 629 de hai catro anos. Este é o único concello no que o BNG consigue manterse, pasando de 410 a 427 votos. Os populares tamén repiten respaldo en Pazos de Borbén con 730 votos, como segunda forza máis votada atopamos ao PSOE aínda que moi lonxe dese primeiro posto con 281 votos e en terceiro lugar os nacionalistas que acadaron o respaldo de 142 votantes. Por último en Fornelos mantense a hexemonía dos socialistas, aínda que neste caso con tendencia a baixa xa que pasan de 571 votos a 539. mentres os populares repiten os resultado de hai catro anos con 278 votos. Tamén aquí nótase o descenso do BNG que obtén 87 votos.

Sociedade