ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Chegamos a Muxía, en plena Costa da Morte, aínda que, nesta ocasión, deixamos atrás a ribeira, e nos diriximos ao interior, onde se van sucedendo as terras de labor, os prados e os montes, ata vermos o lugar de Agranzón, na parroquia de San Martiño de Ozón.

Aquí naceu Eva Castiñeira en 1926, outro nome propio desas seis cantareiras seleccionadas para a conmemoración das Letras Galegas 2025. Dende os oito anos, Eva xa cantaba nos bailes da contorna. Co tempo, fíxose cada vez máis coñecida e valorada. Pronto lle chegaron noticias do seu talento a Rodrigo Romaní, un membro do grupo Milladoiro, banda creada en 1979 e precursora do folk galego.
Unha produción de Emisoras Municipais Galegas coa colaboración da Deputación da Coruña
Fotografía de Guadi Galego. (XanXe)
Publica o teu comentario agora