ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A poetisa de Pontedeume Eva Veiga e o leonés Juan Carlos Mestre combinarán e recitarán poesias nun acto coordenado polo crítico literario Vicente Araguas. O acto titúlase Do inverno emigrante e inscríbese no ciclo Estacións poeticas-biolóxicas.
O vindeiro martes 17 de marzo ás 20:00 horas na Casa de Galicia en Madrid, a poetisa galega Eva Veiga e o poeta leonés Juan Carlos Mestre ofrecerán un recital onde darán mostra de parte da súa produción poética en galego e castelán.
Eva Veiga é unha poetisa e xornalista galega nacida en Ombre (Pontedeume). Licenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou en El Ideal Gallego e na TVG, onde desenvolve unha polifacética e intensa actividade profesional, sobre todo, na dirección e presentación de programas culturais. Neste campo foi dúas veces Premio TP e Premio Galicia de Comunicación. Asimesmo, presentou e dirixiu para TV a serie documental sobre a historia da arte galega “Galicia no tempo”, programa que foi galardoado co Premio do Colexio de Arquitectos de Galicia e co Premio de Honra da UNESCO. Obras: “Fuxidíos” (1993) Accésit XII Premio Esquío; “Paisaxes do baleiro” (1999); “A luz e as súas cicatrices” (2006); e “Desconcerto” (2006).
Juan Carlos Mestre Naceu en Villafranca del Bierzo. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade de Barcelona. O seu primeiro poemario foi “Siete poemas escritos junto a la lluvia”. A este seguiulle “La visita de Safo”. Co seu terceiro poemario ”Antífona del otoño en el Valle del Bierzo” (1982) resultou gañador do Premio Adonais. En 1987, durante a súa estancia en Chile, publicou “Las páginas del fuego” e máis tarde, de volta a España, “La poesía ha caído en desgracia”, polo que se lle outorgou en 1992 o Premio “Jaime Gil de Biedma”. Con “La tumba de Keats”, escrito e editado durante a súa estancia en Italia, foi galardoado co “Premio Jaén de Poesía” (1999). A súa obra poética entre 1982 e 2007 foi recollida na antoloxía “Las estrellas para quien las trabaja” (2007).
CASA DE GALICIA
R/Casado del Alisal, 8 - 28014 Madrid
Tlf: 915954200
Fax: 915954233