ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Xa estamos no verán e Noemí Graña lembra que os animais sofren golpes de calor con moita facilidade. A veterinaria etóloga falou tamén doutros temas de interese para o benestar de cans e gatos. Aprendemos, por exemplo, que é bo falarlles poñendo un ton de voz agudo.

Para evitar problemas coa calor recomenda precaución nos paseos e á hora de facer exercicio. Tamén levar sempre auga e un bebedeiro. Explicou, ademais, Noemí que cando un can persegue un reflexo de luz pode tratarse do que os especialistas denominan unha conduta de desprazamento. Son accións que facemos os mamíferos cando o noso cerebro colapsa. Igual que os osos cando dan voltas ou os tigres que camiñan sen cesar nun zoo. “Son condutas para aliviar tensión”, sinala.
Queimado na cociña
As vitrocerámicas poden ser un perigo para os gatos. Danse casos de queimaduras ao subir o animal en riba das placas da cociña. A mellor solución para evitar problemas é poñer unha tapa na vitro.
Publica o teu comentario agora