ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“O prologo dun desastre”. Para evitalo cando arrendamos vivenda hai varias recomendacións que ter en conta. Tomamos nota dos consellos que nos deu en Radio Fene a avogada María Álvarez Real
Primeiro de todo “revisar que no contrato figuren correctamente os datos persoais do arrendador e a dirección do lugar que imos alugar”. Imprescindible tamén” comprobar o estado no que se atope o inmoble”. Facer fotos e mandarllas ao dono. Para evitar desgustos no futuro se os anteriores inquilinos causaron algún dano que despois nos queiran repercutir a nós.
No contrato debe quedar perfectamente claro o importe da renda, se se vai actualizar, quen se fai cargo dos gastos de comunidade. E tamén hai que ter en conta a duración do contrato. Normalmente é de cinco anos, pero pode acordarse por menos ou máis tempo e renovarse automaticamente se ningún manifesta o contrario. Pasados seis meses despois de formalizar o contrario podemos deixar o alugueiro, pero hai que avisar un mes antes. Se queremos marchar antes de cumprir os seis meses podemos ter un problema.
Publica o teu comentario agora