A excelente colleita do 2009 descórchase en Chantada

A excelente colleita do 2009 descórchase en Chantada

07 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

A excelente colleita de viño do 2009 pódese catar nesta xornada de sábado e mañá domingo en Chantada. Na localidade póñense á venda 20.000 botellas procedentes de 18 adegas da Ribeira Sacra. Un lugar cunha xeografia e un clima peculiar, que a través da viticultura heroica, extrae da natureza un dos seus productos máis gorentosos. 

"A festa do viño máis importante de todo o noroeste peninsular”. Deste xeito cualifican os seus organizadores á Feira do Viño de Chantada, que se celebra esta fin de semana.


Máis de 20.000 botellas, procedentes de 18 adegas diferentes, póñense á venda na Festa do Viño de Chantada. As distintas variedades da Ribeira Sacra serán de novo protagonistas neste festexo que vai xa pola súa vixésimo sétima edición. Un dos organizadores do evento, Camilo Rodríguez, animou a todos os amantes dos bos caldos a pasarse por Chantada xa que, asegurou, a deste ano é unha “excelente colleita”. O viño en Chantada acompañaráse de música. A Banda do concello, así como diferentes grupos de gaitas e charangas, animarán o festexo durante o día. Xa pola noite, tanto sábado como domingo, o protagonismo será para orquestra Charleston Big Band. O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, exercerá de pregoeiro oficial.

 

 

Sociedade