ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Biblioteca Municipal do Concello de Ordes celebrou durante todo este mes de maio infinidade de actividades que contaron cun alto grao de participación por parte de veciños e veciñas do municipio dende nenos a maiores. Así e con motivo do Día das Letras Galegas realizouse un reparto de libros e dvd´s entre os socios da biblioteca, e o pasado venres 27 de maio celebrouse unha nova sesión de contacontos enmarcada dentro do programa Ta
Por outra banda, os pasados 27 e 30 de maio visitaron as instalacións da biblioteca 42 escolares de 2º da ESO do IES Maruxa Mallo para celebrar un dos encontros coas asociacións do municipio, neste caso coa Asociación Tarandeira, e que serviu para explicar aos alumnos o que fai dita entidade mostrando ademais diapositivas das súas excursións e do roteiro do río Mercurín. Un encontro que se volveu a repetir hoxe coa mesma asociación e no que participaron outros 21 escolares de 2º da ESO e os seus titores.
Ademais o pasado mércores visitaron as instalacións da biblioteca os participantes no programa “Preescolar na casa”, 30 nenos e nenas acompañados polos seus familiares que puideron comprobar de primeira man os fondos que ten a biblioteca acorde ás súas idades, como contos e dvd´s, ademais de proxectarse tamén un vídeo do debuxo animado “Caillou”. Unha sesión na que se tentou achegar aos máis pequenos ao mundo dos libros, fomentando así a lectura dende as idades máis tempranas, e concienciando aos pais sobre a importancia da lectura para os seus pequenos.