Exercicio e saúde

Exercicio e saúde
16 de Setembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Falta de exercicio é sedentarismo son riscos para a saúde. Curiosamente, oito de cada dez cidadáns estás satisfeitos co seu estado de saúde, pero a metade da poboación recoñece que non realiza ningunha actividade física, segundo unha enquisa do CIS que comentamos en Radio Fene co psicólogo e adestrador deportivo José Barcia. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografia Xan Xe

A saúde é o principal motivo para a práctica deportiva, pero a metade dos enquisados recoñecen que non realiza ningunha actividade física. A inactividade e o sedentarismo son un risco sanitario. A Organización Mundial da Saúde recomenda que a poboación sexa máis activa para favorecer o benestar e reducir custes sanitarios. A pesar diso, “máis do 60% pasamos moitas horas sentados ou quietos, de pé pero sen facer exercicio”, sinala Barcia Tuccelli que aposta por ofrecer actividades que favorezan o benestar ás persoas que sinalan a idade, a saúde ou o cansazo para non facer exercicio. 

A falta de tempo foi sempre a principal escusa, á que se engaden agora desinterese e pereza. Son as tres principais motivacións que se aducen para non practicar deporte. 

 

Imaxe do partido Perlío - Maniños. Primeira Futgal. 8 de setembro de 2024

Fotografía Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora