Exercicio físico e quimioterapia

Exercicio físico e quimioterapia
13 de Agosto, 2020 - 11:45 h. | Publicada por Radio Fene

Os pacientes con cancro que fan actividade física teñen mellor prognóstico. Pode ser máis efectivo incluso que unha boa dieta. Apreciase ese efecto tanto en persoas con metástase como en persoas operadas e curadas. É importante o exercicio físico ao longo do tratamento de quimioterapia. Lógrase un mellor prognóstico, tal e como nos traslada o graduado en Ciencias do Deporte José Barcia.

Asociación Por máis vida. Fene

José Barcia é o monitor do Programa de Educación Física contra a fatiga oncolóxica que se ven impartindo no Concello de Fene desde o 2008. Un Congreso médico en Valencia ven de refrendar a importancia da práctica do exercicio físico para o tratamento contra o cancro. Desgraciadamente estas informacións reciben escasa visibilidade.O doutor Llombart indica que chegaría con andar a paso rápido tres veces á semana, corenta minutos en cada ocasión. Púxose de manifesto no Congreso médico celebrado en Valencia sobre “Oncoloxia de Precisión e inmunoterapia”, organizado polo Ateneo da cidade levantina e Quironsalud.

Sociedade

Publica o teu comentario agora